Pertencente ao grupo INDITEX, ZARA é unha das máis grandes cadeas de venda de roupa a nivel mundial. Colaboramos de forma estreita co seu departamento de arquitectura desde o ano 2007, realizando a xestión de centos de proxectos de novas aperturas e reformas. Ademais somos os responsables do desenvolvemento de tódalas súas ferramentas de debuxo e modelado, así como dos padróns, librerías e realización de modelos paramétricos de tódolos proxectos realizados baixo a metodoloxía BIM.
A nosa experiencia en interiorismo e no sector do retail, levou á firma FLORENTINO a contactar connosco para encargarnos a xestión de toda a arquitectura e interiorismo do seu plan de expansión que se inciaría no ano 2015. Deseñamos a súa nova imaxe de tenda e xestionamos todos os seus proxectos de implantación en tendas e nos corners, funcionando totalmente como o seu departamento de arquitectura e xestión de licenzas.
GRUPO ALUMÁN é unha empresa internacional con presenza en máis de 50 países con encargos de deseño e execución de fachadas en grandes e pequenos proxectos ao redor do mundo. Para eles e aproveitando a experiencia desenvolvida pola nosa consultoría BIM en tódolos proxectos nos que participamos, desenvolvemos con éxito modelos BIM en Revit, para que poidan ser coordinados co resto das disciplinas.
No ano 2015 esta firma de calzado con presenza nacional e internacional encárganos o deseño da nova imaxe de tenda a través de tres encargos diferentes: unha tenda nova en Zaragoza, unha reforma nunha tenda insignia de Madrid e a nova configuración do showroom na súa sede central en Elxe. Cos tres encargos completaron o círculo de propostas que lles permitiu ter solucións de deseño para todos os seus espazos de venda durante varios anos