consultoría BIM

O NOSO SERVIZO DE CONSULTORÍA BIM DIRÍXESE A TODO TIPO DE EMPRESAS DO SECTOR AEC CUN ENFOQUE FUNDAMENTADO EN PRIORIZAR A MELLORA DO FUNCIONAMENTO DAS EMPRESAS. O SEU USO TEN SENTIDO CANDO AUMENTA O CONTROL TANTO DURANTE A FABRICACIÓN, COMA EN OBRA. O BIM NON É UN FIN EN SI MESMO SENÓN UNHA METODOLOXÍA QUE TEN QUE ACADAR A SUBA DO RENDEMENTO E A CALIDADE FINAL.

arxproject é membro de BUILDING SMART SPANISH CHAPTER, asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o fomento da eficacia no sector aeco, a través do uso de estándares bim, querendo alcanzar novos niveis de reducción de costos e tempos de execución.

implantación BIM

PROPOÑÉMOSCHE UN PROCESO PERSONALIZADO DE IMPLANTACIÓN, XA SEXA A TRAVÉS DALGÚNS PROCESOS OU NALGÚN PROXECTO NO QUE SEXA NECESARIO. CADA VEZ MÁIS, O BIM É UN REQUISITO OBRIGATORIO PARA AS LICITACIÓNS PÚBLICAS E PARA MOITOS PROXECTOS PRIVADOS. ATOPAREMOS A ESTRATEXIA QUE MELLOR SE ADAPTE Á TÚA EMPRESA PARA QUE ESA ESIXENCIA BIM SE TROQUE EN EFICIENCIA E RETORNO DO INVESTIMENTO.

Estratexia BIM a medida

Cadros de mando e control BIM

Personalización de ferramentas

Formación BIM específica

A nosa visión pragmática asegura unha implantación eficiente e directa. Realizando unha análise dos procesos e necesidades concretos, deseñamos unha folla de ruta personalizada, que se revisará constantemente para reducir ao máximo o tempo de tránsito e observar os beneficios. O BIM é unha metodoloxía aberta á adaptación, pero non ten sentido a súa implantación se esta non ten unha consecuencia no aforro de custos, ben a través do aforro de recursos, ben a través da redución de tempos nas fases de proxecto ou de obra. Ademais, cada empresa ten as súas propias razóns de implantación, así como as súas necesidades de software e de ferramentas personalizadas que lle permitan potenciar as vantaxes de traballar en BIM. É o noso obxectivo principal o detectalas e poñelas en marcha de forma áxil.

modelado de proxectos

A ESIXENCIA DUN MODELO BIM PARA A PARTICIPACIÓN NUN PROXECTO OU UNHA LICITACIÓN PODE PARECER UN CONTRATEMPO OU MESMO UN IMPEDIMENTO PARA MOITAS EMPRESAS. POR ISO O NOSO EQUIPO TRABALLA CON ELAS PARA SOLUCIONARLLES ESTE RETO DE FORMA ÁXIL E SEN QUE O BIM SUPOÑA UN PROBLEMA DENTRO DA SÚA FORMA HABITUAL DE TRABALLAR.

Análise de requisitos e do BEP

Auditoría e revisión de modelos

Desenvolvemento do modelo as-built

Soporte técnico ao modelado

Dende os nosos inicios sempre nos enfocamos no servizo a empresas e por iso sabemos que o requirimento dun modelo BIM, pode ser unha carga que necesita ser resolta de forma acertada para responder en termos de calidade. Mais nestes casos tamén a eficiencia e a economía son esenciais. A análise do BIM Execution Plan (BEP) por parte dos nosos BIM Manager é o que fai que cumpramos todos os requisitos do proxecto, pero tamén que non nos excedamos e malgastemos tempo e cartos niso. Adaptámonos sen ningún problema a calquera tipo de software xa sexa Revit, Inventor, Navisworks, Solibri, Solidworks…e manexamos ferramentas de visualización como 3d Studio Max, Sketchup ou Enscape que nos facilitan unha comprensión fácil do proxecto por participantes sen perfil técnico.

scan to BIM

FACER UN LEVANTAMENTO MEDIANTE TECNOLOXÍA LÁSER PERMÍTENOS OBTER UNHA NUBE DE PUNTOS OA QUE DESENVOLVEMOS O XEMELGO DIXITAL. É UNHA FERRAMENTA FUNDAMENTAL PARA CONSEGUIR FLUIDEZ NO DESENVOLVEMENTO DUN PROXECTO SOBRE UNHA EDIFICACIÓN EXISTENTE. A PRECISIÓN OBTIDA GARANTE QUE O MODELO CO QUE TRABALLAMOS NA OFICIÑA É EXACTAMENTE IGUAL A EDIFICIO REAL SOBRE O QUE SE VAI A ACTUAR.

Nube de puntos

Escaneado láser 3D

As built fin de obra

Fotogrametría

Dentro do entorno de traballo BIM, o termo Scan to BIM está vencellado a todo proxecto no que se parte dun activo existente máis ou menos complexo. Coa tecnoloxía de medición láser 3D recollénse de súpeto tódolos datos necesarios para obter unha nube de puntos cunha precisión que supera con creces a calquer levantamiento tradicional. Combinado co modelo, dita nube de puntos permete traballar dende a oficiña sobre o estado real do espazo. Este sistema de obter os datos emprégase incluso para monitorear o progreso dunha obra, para coñecer con precisión cal debe ser o seu resultado final ou incluso para auditarla mediante un as-built unha vez rematada.

soporte BIM para empresas

SABEMOS QUE A IMPLANTACIÓN BIM É UN PROCESO CONTINUO E QUE REQUIRE COLABORACIÓN PARA QUE SEXA FLUÍDO. É POR ISO QUE CHE OFRECEMOS A NOSA COLABORACIÓN PARA OS MOMENTOS NOS QUE SEXA COMPLICADO AVANZAR E NAS PARTES MÁIS COMPLEXAS ÁS QUE NON SEXAS CAPAZ DE CHEGAR.

Programación de pluggins e add-ins

Ferramentas personalizadas

Librerías, familias e padróns BIM

Formación e manuais BIM

Aínda que estamos seguros que os beneficios compensan o esforzo, somos conscientes das dificultades que supón traballar en BIM. Na maioría dos casos é necesaria unha asistencia externa, ben puntualmente ou ben de forma continua. Xa sexa para desenvolver ferramentas que permitan optimizar o software, para automatizar todos aqueles procesos repetitivos que requiren gran cantidade de recursos ou para buscar os puntos de mellora que reduzan os custos e os tempos, os nosos coñecementos de diferentes linguaxes de programación compatibles co software BIM son imprescindibles. Phyton, C#, C++, Ruby, Dynamo, API de Revit, Grasshopper…son ferramentas complexas pero cuxo coñecemento permite dar un salto aos procedementos de desenvolvemento dos proxectos de construción do futuro.

coordinación BIM

A COORDINACIÓN É UNHA DAS VANTAXES MÁIS IMPORTANTES QUE ACHEGA A METODOLOXÍA BIM, A TRAVÉS DUN MODELO CONSTRUTIVO DIXITAL QUE ENLAZA OS MODELOS DE TODAS AS DISCIPLINAS, PODEMOS RESOLVER ACERTADAMENTE AS INTERFERENCIAS, DESEÑAMOS O PLANNING, AS FASES E CONTROLAMOS O ORZAMENTO, AO MESMO TEMPO QUE PREVEMOS FUTUROS PROBLEMAS NA OBRA.

Análise e solución de colisións

Cálculo de estrutura e instalacións

Xemelgo construtivo dixital

Modelado 4D e 5D do proxecto

Tradicionalmente, a coordinación das disciplinas en obra supoñía unha cadea complexa de decisións que xeraba desaxustes na programación e nos orzamentos. O BIM permítenos resolver as interferencias a través do modelo dixital e anticiparnos a eses problemas. Para iso existen varias dimensións que chegan ata o 7D. A cuarta dimensión (4D) engade ao modelo 3D o factor tempo e relaciona cada compoñente cunha fase, de forma que o planning está contido dentro do modelo. Da mesma forma a quinta (5D) engade o custo e xera o orzamento. O 4D e o 5D permiten consecuentemente que calquera cambio e calquera decisión na coordinación poida ser inmediatamente avaliada desde o punto de vista económico e temporal.

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en Más Información